Palacio Medici Riccardi

Palacio Medici Riccardi
Edificio
Nome inicialPalazzo Medici
EstiloRenacemento (Quattrocento)
Enderezovia Cavour 3
LocalizaciónFlorencia, Italia Italia
Coordenadas43°46′31″N 11°15′22″L / 43.775288, 11.255986
Palazzo Medici Rccardi en Italia
Palazzo Medici Rccardi
Palazzo Medici Rccardi
Localización do Palacio Medici Riccardi
PropietarioFamilia Medici

Familia Riccardi (1659)
Gran Ducado de Toscana (1814)
Provincia de Florencia (1874)

Estado italiano
Uso(s)Museo, Concello de Florencia
Construción
Inicio1444
Remate1460
Dimensións
Pisos3
Equipo
Arquitecto(s)Michelozzo
editar datos en Wikidata ]

O Palacio Medici Riccardi, ten a tipoloxía de palacio urbano e foi construído por Michellozzo para Cosme de Medici, alcumado o Maior ou o Vello (en italiano, Cósimo il Vecchio), entre 1444 e 1460,[1][2] sendo o fogar da familia Medici durante máis de cen anos.[3] O custo foi de 60 000 ducados e, en 1492, o inventario do seu mobiliario chegaba a 81 000 ducados.[4]

O Palacio foi descrito por Vasari como o "primeiro que se constuíu ao xeito moderno";[5] isto é, o primeiro edificio renacentista (no Quattrocento) construído en Florencia.[6] Michellozzo xa traballara previamente para Cosme na remodelación de vilas rurais da familia.[7] Hoxe está situado no número 3 do que, en épocas anteriores, era chamada Vía Larga, agora vía Cavour, e contén a actual sede do Consello metropolitano.

  1. Autores como Young (1987), afirman que os traballos remataron en dez anos (p. 77)
  2. VV.AA. (1983), p. 31.
  3. Chamberlin (1995), p. 52.
  4. Hatfield, Rab (Setembro de 1970). "Some Unknown Descriptions of the Medici Palace in 1459". The Art Bulletin (52): 235. doi:10.1080/00043079.1970.10789574. 
  5. Trachtenberg & Hyman (2003), p. 355.
  6. "Palazzo Medici Riccardi". museumsinflorence.com. Consultado o 25-02-2018. 
  7. Nieto (2000), p. 148.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy